PROXECCIÓN DUN FILME DOCUMENTAL E COLOQUIO SOBRE A IMPORTANCIA DA MEMORIA LOCAL
O venres día 10 de xuño, ás 19:00 horas, na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
"O Casino de Vilasobroso, de camiño ao centenario (1924-2024). Historia e personalidades", é un filme de Xan Leira, auspiciado pola Deputación de Pontevedra, coa colaboración da Entidade Local Menor de Vilasobroso e o Concello de Mondariz, que será presentado na Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, o vindeiro venres día 10 de xuño, ás 19:00 horas.
Ademáis da proxección do documental - que contará coa presenza do seu director -, o acto vai servir para manter un coloquio sobre a importancia de promover accións comunitarias sobre a recuperación e posta en valor da Memoria Local. Participarán Xan Leira, escritor, director de cinema, guionista, investigador, productor,..., cunha ampla filmografía; Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, doutor en Filosofía e Ciencias da Educación, pola Universidade de Santiago de Compostela, profesor do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña, investigador e autor de varias obras relacionadas coa emigración ultramarina e as escolas auspiciadas por indianos galegos; Paco Rico Carvalho, presidente do Casino de Vilasobroso; e Alexandre Estévez, presidente da Entidade Local Menor de Vilasobroso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario