A piscina municipal de A Guarda estará pechada no mes de xullo
Vista interior da piscina municipal de A Guarda
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda informa que ao longo do mes de xullo de 2022, a piscina municipal estará pechada e realizaranse diferentes traballos nesta infraestrutura municipal para súa adecuación á normativa vixente, así como os habituais de conservación e mantemento, coincidindo os mesmos co peche anual da piscina por vacacións no mes de xullo.
A previsión é que os traballos previstos non se demoren máis dun mes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario