CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS, CONCELLEIRO DE CONVERXENCIA GALEGA, ADVIRTE DUNHA SITUACIÓN DE “ALTO RISCO” NA CONTORNA DAS VIVENDAS SOCIAIS DA RÚA ROSAL
E solicita a inmediata intervención municipal para que da maneira máis urxente se arranxe
Infogauda / A Guarda
O concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, do Grupo Municipal Converxencia Galega, vén de facer público no día de hoxe á seguinte iniciativa:
PERIGO DE ACCIDENTE, DEIXADEZ E ABANDONO NO “AUDITORIO” NAS VIVENDAS SOCIAIS DA RÚA ROSAL
Cada pouco, aparece unha sorpresa nunha zona distinta do noso pobo, ainda que as autoridades “vivindo no mundo de Yupi” non se enteiran de nada, ou nos bombardean ca propaganda das súas “grandes realizacións”.
No día de hoxe, e a chamada dun veciño, nos alertou da situación de “alto risco” do “Auditorio da Plaza Roxa”, na visita, podemos constatar tamén o seu estado de abandono, donde non se ten feito ningunha reparación en anos, e donde a súa faciana non foi limpada nos derradeiros vinte anos.
Dende CONVERXENCIA GALEGA, consideramos que unha imaxe vale máis que mil palabras, e as fotografías que aportamos son suficientemente aclaratorias da realidade existente nese lugar.
Solicitamos a inmediata intervención municipal para que da maneira máis urxente se arranxe.
A Guarda, a 09 de xuño do 2022
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario