3 de xuño de 2022

A GUARDA

RECIBIMENTO AO VOLANTEIRO PIUEIRO E A SÚA TRIPULACIÓN

O domingo día 5 de xuño, ás 16:30 horas, no porto de A Guarda




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Logo da súa singradura desde o porto de A Guarda ata Pasaia, con "parada técnica" non desexada, incluída, que motivou o correspondente SOS - como xa informamos aos lectores deste xornal dixital transfronteirizo -, o volanteiro Piueiro fixo seu debut no Pasaia Itsas Festibala, que tivo lugar na localidade de Pasaia (Gipuzkoa) os días 26 e 27 de maio de 2022, onde o barco tradicional guardés e súa tripulación, participaron activamente nese Encontro Internacional de Embarcacións Tradicionais de Valor Patrimonial. 

 E agora, cando o volanteiro e seus tripulantes veñen en ruta, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz invita á toda a cidadanía a recibir ao Piueiro e súa tripulación no porto de A Guarda, o domingo día 5 de xuño ás 16.30 horas.

  Tendo en conta que o volanteiro Piueiro totalizará - entre ida e volta -,  unhas 870 millas náuticas, coidamos que o esforzo da súa tripulación ben merece que a veciñanza de A Guarda e súa contorna se congreguen no porto guardés, o día e a hora indicados, para recibir aos artífices desa proeza digna de toda loanza. Porque ten moito mérito que neste primer cuarto do século XXI, cando á navegación á vela e a remo, é unha actividade excepcional - agás no ámeto deportivo ou lúdico -, pois como sabemos, as embarcacións móvense con outro tipo de propulsións; ainda queden veteranos homes de mar que manteñen viva a tradición da navegación á vela, como o facían nosos devanceiros. E ademáis, de xeito sostible.

 A tripulación do Piueiro, formada por persoas que desde súa adolescencia ata á merecida xubilación andiveron ao mar, en marés cada vez máis longas e máis lonxanas, son dignos de seren recibidos no seu pobo como uns heroes, polo seu demostrado coraxe e valor, que forman parte da épica da nosa xente do mar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario