5 de xuño de 2022

A GUARDA

O PSOE GUARDÉS DENUNCIA AS FALACIAS DO BNG EN RELACIÓN COA FINCA DE FÍNOLA  

· A Secretaria Xeral da Agrupación Socialista na Guarda, Montserrat Magallanes, traslada á cidadanía a felicitación porque a finca de Fínola pase a ser chan dotacional.  

Mª Monserrat Magallanes Álvarez, Secertaria Xeral da Agrupación do PSdeG-PSOE de A Guarda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Na tarde deste domingo día 5 de xuño de 2022, recibimos na Redacción de Infogauda, unha nota de prensa que nos fixo chegar Mª Monserrat Magallanes Álvarez, Secertaria Xeral da Agrupación do PSdeG-PSOE de A Guarda. A devandita nota dí textualmente o seguinte:

No último pleno o concello da Guarda sacaba  adiante unha proposta do alcalde, Antonio Lomba, de modificar inicialmente o planeamento urbanístico para calificar o chan da Finca de Fínola que era chan urbano non consolidado a chan urbano consolidado de uso dotacional, esta proposta saíu  aprobada cos votos favorables  do PSOE e do PP, o BNG e Converxencia Galega votaron en contra.  

 Temos que indicar que o BNG amosa unha  absoluta incompetencia en materia urbanística, o demostraron no pasado co seu posicionamento en contra do convenio dos Xesuítas, co seu enfrontamento a Senda Litoral, co voto en contra da adquisición de Fínola, ou co seu rexeitamento á  proposta de ACCESO SUR ao Porto da Guarda, e o están a demostrar agora co seu voto en contra da Modificación Puntual que transforma o chan de Fínola en dotacional.  

 Mentiron  descaradamente cando dicían no 2018 “coa adquisición da Finca de Fínola soamente cambia o propietario da finca, o uso vai ser o mesmo. Que vantaxe saca o pobo da Guarda? Onde había un parking, seguirá habendo un parking” Vaia se cambiou o uso, tanto que vostedes votaron en contra no último Pleno do concello da Guarda, amosando un claro cinismo político ao non ser quen de  recoñecer o seu erro no pasado. Prefiren que Fínola siga sendo un parking e desesperan ante a posibilidade de ampliar a Alameda e crear en Fínola un Auditorio, van seguir montados no mesmo carro, mentira tras mentira.  

 E no 2022 seguen mentindo, son capaces de dicir que estamos “dilapidando o patrimonio municipal”,  aínda non se enteiraron, a Finca de Fínola xa é municipal, xa é propiedade de todos e de todas as guardesas, e onde antes había 0 metros cadrados de chan dotacional agora pasamos a  3.102 metros cadrados  dotacionais, toda a finca dotacional. Dilapidar é perder oportunidades ou non crer no futuro da Guarda, seguir anclados no pasado e oporse ante calquera iniciativa para que o pobo avance.  

 Fronte aos seus atrancos e mentiras, mais parecen que están traballando para o PP que para os seus votantes, o Partido Socialista ten moi claro que  o desenvolvemento e crecemento da vila da Guarda pasa por un amplo espazo no casco urbano, unificando a Alameda  co Centro Cultural, Fínola e integrar tamén a rúa Rosalía de Castro, para rexenerar e pór en valor todo o patrimonio municipal nesa zona e para construír un equipamento tan necesario como o auditorio.   

 O Partido Socialista da Guarda aplaude o paso dado polo equipo de goberno municipal, liderado por Antonio Lomba, en relación coa Modificación Puntual 7 que converterá a finca de Fínola en dotacional. Os guardeses e guardesas son os grandes beneficiarios da compra de Fínola e da modificación puntual. Queremos chan para equipamentos, e o queremos XA!. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario