O concello de A Guarda convoca os Premios de Educación 2022
Pode participar todo o alumnado que curse estudos nos centros públicos e concertados de Primaria e Secundaria da localidade
Infogauda / A Guarda
Co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre as persoas mozas, o Concello de A Guarda convoca os Premios de Educación 2022.
Nesta convocatoria pode participar todo o alumnado que curse estudos nos centros públicos e concertados de Primaria e Secundaria da localidade.
As bases están a disposición dos interesados na sede electrónica da web municipal www.aguarda.es, no taboleiro de anuncios do concello e nos centros educativos da vila.
Os Premios de Educación 2022 contarán nesta edición cun total de 28 premios, consistente en material informático que será entregado aos mellores expedientes académicos e de esforzo persoal e participación dos diferentes cursos e centros educativos da vila.
Despois do ditame, publicarase na web municipal o listado de alumnos/as premiados/as.
Ningún comentario:
Publicar un comentario