CONCENTRACIÓN SORPRESA DAS PLATAFORMAS EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
NA VISITA AO CENTRO DE SAÚDE DA GUARDA DE CARGOS DE SANIDADE
Redacción / A Guarda
Membros das Plataformas en defensa da sanidade Pública da Guarda e do Rosal concentráronse hoxe desde ás 8.30 horas da mañá, diante do centro de saúde da Guarda.
A esas horas decorría no Centro de saúde unha reunión entre traballador@s do Centro e cargos da Consellaría de Sanidade, entre eles o Xerente da Área sanitaria de Vigo, a Directora de Atención Primaria e a Directora de Enfermaría.
Portavoces das plataformas anuncian que pode desaparecer do PAC o segundo médico de urxencias, unha conquista da mobilización cidadá nos últimos meses.
Incidentes como os ocorridos na pasada semana no Rosal non lle sirven a Xunta de Galiza para tomar nota. De producirse a desaparición do segundo médico de urxencias, o problema sanitario nesta zona vaise ver moi agravado polo importante incremento de poboación que se produce nesta zona que atende o PAC da Guarda no verán.
As Plataformas en defensa da sanidade non están dispostas a soportar que minen aínda máis a calidade sanitaria que recibimos e de confirmarse os feitos chamaran novamente a toda a veciñanza a mobilizarse.
Ningún comentario:
Publicar un comentario