PAREMOS Ó ESCÁNDALO DE FÍNOLA: “OUTRA TROLA MÁIS DE ANXO BAZ E O SEU BNG”
Roberto José Álvarez Carrero (presidente do PP de A Guarda): “Nós somos a única alternativa posible para que o futuro de A Guarda cambie”.
Infogauda / A Guarda
Roberto José Älvarez Carrero, presidente do PP de A Guarda, expresa a súa profunda indignación por un novo intento de manipulación política do BNG coa compra da propiedade coñecida como Finca de Fínola. Paremos o escándalo de Fínola: “Outra trola máis de Anxo Baz e o seu BNG”, di coloquialmente Roberto José Álvarez Carrero.
Os populares de A Guarda afirman con rotundidade: “A Guarda non dispón de terreos municipais para poder construír e dotarnos, por exemplo: de parques infantís para o noso nenos; de novo centro integral de saúde; dun pavillón novo para os nosos deportistas; dun auditorio para o noso músicos; de espazos de lecer ou polivalentes, etc. No último pleno municipal, e hai escasos días en prensa, Anxo Baz e o BNG da Guarda, como de costume, volven mentir e a querer manipular aos guardeses e guardesas cun dos seus slogans máis coñecidos, dicindo que dilapidamos 300.000 euros nunha leira, cando a Finca de Fínola é do Concello de A Guarda desde o ano 2018 pero, por desgraza, aí non se podían construír zonas verdes, equipamentos, ou aumentar o parque da alameda. E isto foi o que votamos: poder dotar á zona de alameda de A Guarda de máis terreo para infraestruturas e equipamentos.”
Roberto José Álvarez Carrero expresa a súa profunda indignación: “Se o campo de Fínola era tan importante para o BNG de A Guarda, por que non negociou Anxo Baz e o BNG de A Guarda a venda do Campo de Fínola como condición sine qua non cando pactaron o goberno e a alcaldía de A Guarda con Antonio Lomba?
Sinxelamente porque a Anxo Baz e ao seu BNG o único que lle preocupou foron as poltronas e aumentar os seus salarios desorbitadamente pretendendo que os guardeses lles pagásemos a vostedes en catro anos 840.000 euros, cando sempre estaban a dicir que o salario do grupo de goberno era moi alto e que Antonio Lomba cobraba moito.
Por tanto, esta é unha máis ou, máis ben, outra das moitas manipulacións e falsidades de Anxo Baz e o seu BNG: acórdanse daquilo do “Proxecto do BNG”: Concepción Arenal sentido único… e pechan a rúa ao tráfico rodado; imos a por a alcaldía… e instituen alcalde ao Sr. Antonio Lomba, apoiando ao grupo de goberno en todo, e negándose a falar connosco; e, aínda por riba, ao primeiro contratempo e problema que deben afrontar, foxen despavoridos co rabo entre as pernas…”
Roberto José Álvarez Carrero finalmente engade: “Déixense de manipulacións e mentir á cidadanía; de tratar de embaucala e reflexionen que política están a facer porque se A Guarda está paralizada é, simple e sinxelamente, porque vostedes puxeron ao seu socio Antonio Lomba á fronte da Guarda e son vostedes tan responsables como el.
Nós somos a única alternativa posible para que o futuro de A Guarda cambie”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario