2 de xuño de 2022

A GUARDA

“Terapia Emocional: positividade e canalización das emocións”

Esa actividade está convocada pola Asociación Érguete Baixo Miño




Infogauda / A Guarda

 A Asociación Érguete Baixo Miño convoca un curso de “Terapia Emocional: positividade e canalización das emocións” dirixido preferentemente a persoas maiores de 50 anos.  

 Este curso pretende dotar ás persoas dunha serie de ferramentas que axuden na autoxestión emocional. Tamén para adquirir destrezas no desenvolvemento de técnicas de relaxación e para acadar hábitos para aplicar na actividade diaria que combatan o estrés e a ansiedade.  

 Esta formación conta cunha duración de 30 horas e comeza o martes día 21 de xuño en horario de 09:30 a 12:30 h. no local social da asociación.  

 Esta actividade enmárcase dentro do “Programa Depo en Marcha”, en colaboración coa Deputación de Pontevedra.  

 As inscricións pódense facer de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño - rúa Colón, nº 20 (Edificio O Pescador 1º Piso); 36780 de A Guarda -, chamando por teléfono ao 986 61 44 07 / 640 086 376 (WhatApp) ou ben deixando os datos no enderelectrónico info@erguete.org.

Ningún comentario:

Publicar un comentario