Mercar no comercio de Tomiño ten premio
Unha trintena de establecementos sortearán 200 carriños Rolser entre a clientela que realice compras por un valor superior a 10 euros
Do 6 ao 22 de maio a veciñanza poderá participar no sorteo, que forma parte da campaña Vive! do Concello de Tomiño
Infogauda / Tomiño
O Concello de Tomiño continúa poñendo en marcha
novas iniciativas coas que dar pulo ao comercio local, devolver a animación as
rúas do municipio e mesmo fomentando e premiando o consumo de proximidade. Ao
abeiro da campaña Vive!, numerosos establecementos dos núcleos de Tomiño, Goián
e de Forcadela repartirán 200 carriños para a compra Rolser entre os veciños e
veciñas que aposten por mercar no seu municipio.
Dende este mesmo venres 6 de maio ata o vindeiro
día 22, unha trintena de establecementos entregarán á clientela que realice
compras superiores a 10 euros o propio tícket de compra, co que se poderá
participar neste sorteo. O proceso de participación será sinxelo: tras realizar
a compra, poñer polo reverso do tícket os datos de contacto e depositalo nunha
urna que haberá habilitada en cada un dos comercios adheridos ao sorteo.
Na iniciativa participarán establecementos do
núcleo do Seixo, como Frutas Berbe, A Mata e A Carnicería de Ana, no Mercado de
Tomiño; Chévere Perfumería, Galióptica, Limón y Fresa, Morell85, Parafarmacia
Tomiño e Roupa Paredes na rúa Gondomar; Lencería Duente, Estipel, J. Carrera
Decoración, Joyería Pazo, Parafarmacia Roma, Streetwise Babi e VIP, na rúa A
Guarda; Agrícola Tomiño e La Ducekatta, na Avenida República Argentina; Mercería
O Fío, en Buenos Aires; Lito Sport e Arte Perruquería, na Praza da Mina; Librería
Novidades, na rúa Colón; e Tenda Moldes, na rúa da Feira.
Xa no núcleo de Goián están adheridos ao sorteo
Goichic Lifestyle Shop e Perfumería Droguería Nobel na Avenida Ordóñez e La
vida es bella, na Avenida Pío Troncoso. En Forcadela tamén poderá participar a
veciñanza que merque no Estanco Manuel Álvarez Carrera e na Perruquería e
Estética A Coquetiña.
O 23 de maio sortearanse os carriños para a
compra entre todas as persoas participantes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario