A vindeira fin de semana remata en Tomiño a axenda cultural de primavera e comeza o ciclo de verán “O Son da Praza”
O sábado 28 de maio, financiada polo departamento de memoria histórica da Deputación de Pontevedra, chega ata Tomiño “Miss Docet”
Infogauda / Tomiño
A vindeira fin de semana o auditorio de Goián
volverá ser un destino a ter en conta
para gozar dunha intensa e extensa oferta cultural municipal.
O sábado 28 de maio, financiada polo departamento de memoria histórica da Deputación de Pontevedra, chega ata Tomiño “Miss Docet”, o novo proxecto teatral da Compañía Eléctrica ten como protagonista a Emilia Docet, a muller que foi coñecida por ser a "Miss España galeguista" e que será interpretada pola actriz Iria Pinheiro. Trátase dunha peza de teatro documental na que se recupera a memoria de Emilia así como a doutras mulleres que tamén foron silenciadas despois do 1936. A obra de teatro pretende traer á actualidade a biografía de Emilia Docet e dese xeito reparar unha parte da nosa historia e da nosa loita. 21.00 horas no Auditorio de Goián. A entrada é de balde.
Ao día seguinte, domingo 29 de maio, ás 17.30h, ofertarase un espectáculo familiar para todos os públicos. Chega a Tomiño Polo Correo do Vento, un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos. A actividade está financiada polo departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra. Achegarémonos de xeito creativo e divertido á figura de Florencio Delgado Gurriarán, ao que se lle adicou o día das letras galegas 2022. Entrada gratuíta.
E como colofón a programación #primaveractiva, tamén sen custe, tamén o domingo 29 ás 20h, poderemos gozar no mesmo lugar de tres curtas pezas teatrais presentadas por Teatro da Apocalipse para rir e gozar co teatro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario