24 de maio de 2022

O ROSAL

O programa Educando en Familia volve esta semana cunha nova charla sobre a importancia da linguaxe na aprendizaxe 

O encontro será este venres 27 de maio ás 19 h no Centro Social Polivalente




Infogauda / O Rosal

 O programa ‘Educando en familia’, posto en marcha polo Concello do Rosal, continúa achegando ferramentas prácticas para a vida cotiá das familias.

 Este venres 27 de maio é a quenda de ‘Ensinar a comunicar: desenvolvemento da linguaxe e prevención de dificultades’, coa logopeda Lorena Guerra.

 A charla será ás 19.00 horas no Centro Social Polivalente con entrada libre ata completar aforo, aínda que pode facerse inscrición previa a través da web do Concello para asegurar a praza. Co obxectivo de facilitar a asistencia, existe un servizo de canguro cun mínimo de 5 prazas, para o que si é necesario reservar e confirmar asistencia.

 A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís anima a veciñanza a participar “nesta actividade que, sen dúbida, axudará a dar resposta a moitas das inquedanzas que nais e pais atopan a diario”.

 O punto final a ciclo de encontros deste curso porase o 17 de xuño coa conferencia ‘O uso do lecer na infancia: ocios educativos e nocivos’.

Ningún comentario:

Publicar un comentario