13 de maio de 2022

O ROSAL

Máis de 200 rapaces xogarán o X Torneo Memorial Iago Ameal Pereira, no Rosal  

Organizado pola U.D. Ribera en colaboración co Concello, terá lugar o vindeiro 17 de maio no campo de fútbol municipal da Mata


A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, presentou a nova edición deste torneo acompañada polo concelleiro de Deportes, Germán Fernández, e por Nel e Yago, dous representantes da directiva da U.D. Ribera

Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O Torneo Memorial Iago Ameal Pereira regresa ao Rosal tras o parón provocado pola situación sanitaria. O vindeiro martes 17 de maio, rosaleiros e rosaleiras poderán conmemorar o Día das Letras Galegas cunha interesante xornada de fútbol 8 na décima edición deste torneo organizado pola U.D. Ribera en colaboración co Concello.

 Máis de 200 rapaces daranse cita no campo de fútbol municipal da Mata para disputar un torneo das categorías alevín e benxamín no que participarán ademais da propia U.D. Ribera, o Club Louro Tameiga, o Gondomar C.F., o Sporting Guardés, o Goián C.F., o Tomiño F.C. e o Erizana C.F..  

 A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, presentou a nova edición deste torneo acompañada polo concelleiro de Deportes, Germán Fernández, e por Nel e Yago, dous representantes da directiva da U.D. Ribera. A rexedora desexoulle moita sorte a todos os equipos participantes e que desfrutaran dunha xornada de deporte e lecer nunha data tan sinalada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario