4 de maio de 2022

GALIZA

Xubiladas e pensionistas da CIG reclamarán servizos públicos de atención ás persoas 

Concentraranse diante de residencias de maiores pola falta destes recursos en Galiza 


A imaxe corresponde a unha mobilización precedente en Santiago de Compostela

Foto: CIG

Infogauda / Galiza

 O colectivo de xubilados/as e pensionistas da CIG convoca concentracións este xoves 5 de maio nas sete cidades galegas. Desta volta, centrarán as súas reivindicacións na necesidade dun sistema público galego de atención ás persoas. Por iso a maioría das mobilizacións terán lugar diante de residencias de maiores, onde queren chamar a atención sobre a falta de recursos públicos nun país como o noso, coas segundas pensións máis baixas do Estado, que provoca que moitas persoas non poidan acceder aos servizos de atención, condenando máis unha vez ás mulleres a seguiren exercendo de coidadoras. 

MOBILIZACIÓNS 

A Coruña: 11:00 horas, Subdelegación do Goberno 

Ferrol: 11:30 horas, DomusVi de Esteiro 

Compostela: 11:00 horas, DomusVi Pontepedriña 

Lugo: 11:00 horas, Residencia da Milagrosa 

Ourense: 11:00 horas, diante do INSS 

Vigo: 11:00 horas, Farol de Urzaiz 

Pontevedra: 11:30 horas, Praza da Peregrina

Ningún comentario:

Publicar un comentario