5 de maio de 2022

DEPORTES

FÚTBOL

REXIONAL PREFERENTE - FASE DE PERMANENCIA

O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO POLÍGONO SAN CIPRIÁN

O domingo día 8 de maio, ás 6 da tarde no Estadio Municipal A Sangriña



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda 

 Continúa a competición futbolística da Preferente Galicia 2ª Fase Permanencia D3 Sur. Por ese motivo, logo da súa xornada de descanso da pasada fin de semana, o Sporting Guardés recibirá este domingo día 8 de maio ao Polígono San Ciprián. O encontro será ás 6 da tarde no Estadio Municipal A Sangriña.

 Neste momento, o Sporting Guardés, con 9 puntos no seu haber e con un encontro menos que os demais equipos, atópase situado provisoriamente no 3º posto da táboa clasificatoria, comandada polo C.D. Valladares, con 19 puntos, seguido do Céltiga, F. C., con 13.

 Pola súa banda, o Polígono San Ciprián, con tan soio un punto, pecha a clasificación, tendo no posto inmediato superior, ao C.D. Velle, con 7 puntos.

 Con eses datos, o Sporting Guardés, ainda partindo dunha posición máis favorable que o seu próximo rival, non debe confiarse - é sabido que non hai adversario pequeno - e por conseguinte os xogadores guardesistas teñen que sair ao céspede do Estadio Municipal A Sangriña con determinación resolutiva. Soio así, poñendo coraxe e vontade de dalo todo, o equipo que dirixe Víctor López poderá consolidar súa posición, fundamental para aspirar a conservar á categoría actual.

 Como é obvio, o Polígono San Ciprián virá ata a vila de A Guarda coa mellor disposición, deportivamente falando, o que aportará aliciente para que os seareiros de ambos os dous conxuntos desfruten dunha tarde primaveral de fútbol.

Ningún comentario:

Publicar un comentario