5 de maio de 2022

A GUARDA

EX ALUMNOS DE Mª DOLORES VALDERRAMA CUIÑAS COMPARTEN UNS MOMENTOS COA SÚA PREZADA MESTRA


Loli Valderrama - a dereita da imaxe - con algúns dos seus ex alumnos, de cando ela impartía crases no curso de Ingreso, no vello colexio dos PP. Somascos, de A Guarda
Foto: L.C.


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Por iniciativa de Florentino Pérez Alonso, de Camposancos, que moito antes da pandemia xa nos había feito partícipes da súa proposta, na tarde de onte, xoves día 4 de maio, un grupo de ex alumnos de Ingreso, do antigo Colexio PP. Somascos, de A Guarda, que tivemos a fortuna de ter como mestra a dona María Dolores Valderrama Cuiñas (Loli), compartimos con ela, co seu marido Antonio Pizarro García-Gil, e tamén con súa irmá Pilar Valderrama Cuiñas (Pili), uns gratos momentos. 

 O encontro tivo lugar nun establecemento da nosa vila. A hora acordada, alí fomos chegando aqueles rapaces de outrora: Florentino Pérez Alonso, Bartolomé González Carrera, Luis Cadilla Pérez-Ríos, Antolín Baz Baz, Juan Miguel Pantaleón Cadilla, Antonio González Rodríguez, e este cronista.

 A quedada serviu para conversar sen présas, e relembrar aquela época da nosa nenez, na que á figura da mestra xeraba en nós un especial respecto, e no caso de Loli Valderrama, polo seu xeito agarimoso de impartir á docencia, era unha verdadeira regalía tela como profesora. En verdade que sentímonos ditosos de haber sido alumnos dela.

 A reunión coa nosa prezada mestra, serviu tamén para evocar ao dilixente Padre Orestes Caimotto, e demáis compañeiros da comunidade somasca na nosa vila, entre eles ao inesquecible Hermano José Dimas Díaz Montes, así como aos alumnos daquela época, algúns dos cales, lamentablemente xa non están entre nós.

 Relembrar eses días - mediante fotos en branco e negro, e anécdotas varias - na modesta aula do antigo colexio - situado naquela altura, no inmoble propiedade da Fundación Alonso -, cuxo acceso era pola porta principal da casa - ubicada na rúa Vicente Sobrino - que fora propiedade de D. Bernardo Alonso Martínez; foi algo que gardaremos como un agasallo da vida.

 E non soio lembranzas na aula, senón no patio que antes de ser espazo de divertimento do alumnado do colexio foi unha enorme horta, na que ainda lembramos que o Hermano José cultivaba diversidade de hortalizas. Ese feito, deunos oportunidade para probar in situ o potente sabor das cenorias crúas. Cousas de rapaces que ainda hoxe en día permanecen nas nosas memorias de activos sesaxenarios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario