A ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS CELEBRARÁ XUNTA VECIÑAL
O vindeiro mércores día 1 de xuño de 2022, ás 20:00 horas, en 1ª convocatoria e ás 20:30 horas, en 2ª convocatoria
Infogauda / Camposancos (A Guarda)
O secretario da Entidade Local Menor (E.L.M.) de Camposancos, José Carlos Martínez Crespo, vén de facer pública á convocatoria da xunta veciñal da devandita Entidade Local Menor, para unha sesión ordinaria que se celebrará no salón de plenos da E.L.M. de Camposancos, o vindeiro mércores día 1 de xuño, ás 20:00 horas, en 1ª convocatoria e ás 20:30 horas, en 2ª convocatoria.
Os asuntos da convocatoria, son os seguintes:
1.- Aprobación das actas das sesións anteriores (Ordinaria de 1 de decembro de 2021 e Extraordinaria de 26 de xaneiro de 2022).
2.- Dar conta dos Decretos.
3.- Proposta da Presidencia de aprobación da Conta Xeral de 2020.
4.- Proposta da Presidencia de aprobación da modificación de crédito 4/2022. Suplemento de crédito con cargo da remanente líquido de Tesourería.
5.- Proposta da Presidencia de inicio de expediente de licitación das obras da casa do Couto.
6. Proposta da Presidencia de aprobación do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito 3/2022.
7. Rogos e preguntas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario