CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS EN CAMPOSANCOS
O domingo 15 de maio ás 5 da tarde, na praza de San Amaro
Infogauda / Camposancos
A Entidade Local Menor de Camposancos organiza o domingo 15 de maio ás 5 da tarde, a celebración do Día das Letras Galegas. Será con un concerto de música galega a cargo da Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, baixo a dirección de Victor Luis Alonso Treinta.
O evento cultural. que conta coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, realizarase na praza de San Amaro e en caso de choiva celebrarase na Sociedade Os Amigos, de Camposancos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario