IIª CARREIRA REVIRANDO: APOSTANDO POLO DEPORTE, A INCLUSIÓN E A SOLIDARIEDADE
O evento deportivo foi organizado polos centros PP. Somascos e San Xerome Emiliani
Infogauda / A Guarda
Un ano máis, a vila de A Guarda acolleu unha nova edición da carreira inclusiva e solidaria Revirando, organizada conxuntamente polo colexio e ANPA PP. Somascos e polo Centro San Xerome Emiliani, da nosa localidade.
E respondendo á convocatoria, máis de 750 cidadáns de diversas procedencias acudiron - tanto a nivel particular, como en representación de varias entidades de axuda a persoas con discapacidade -, na mañá de onte, domingo día 8 de maio ata A Guarda, para compartir a ledicia da práctica deportiva e ao mesmo tempo amosar o apoio de todos e cada un dos participantes, coa inclusión e a solidariedade, principais fins da iniciativa.
Ademais da carreira e da andaina, Revirando tamén levou varias actividades ao recinto da Alameda, onde houbo basket adaptado, xadrez, patios dinámicos, sorteo de agasallos e un concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario