11 de maio de 2022

A GUARDA

XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE DO CONCELLO DE A GUARDA

Presidida pola subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba xunto co alcalde, Antonio Lomba


A subdelegada do Goberno e o alcalde de A Guarda, con algunhas das autoridades que participaron na Xunta Local de Seguridade
Fotos: S. de G.


Infogauda / A Guarda

 Ao mediodía deste mércores día 11 de maio, a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu a Xunta Local de Seguridade do Concello de A Guarda xunto ao seu alcalde, Antonio Lomba, celebrada con motivo da subscrición do convenio para a incorporación do Corpo de Policía Local ao Sistema de Seguimento Integral dos casos de Violencia de Xénero.

 Este protocolo de colaboración é necesario para formalizar a adhesión do municipio ao Sistema VIOXÉN. O documento foi asinado polo alcalde da localidade, Antonio Lomba, e polo coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, Simón Venzal.  

 Coa sinatura deste protocolo, o Concello de A Guarda materializa o seu compromiso coa erradicación da violencia machista e coa protección das vítimas de violencia de xénero sumándose así aos restantes concellos da provincia que xa forman deste sistema.

Ningún comentario:

Publicar un comentario