11 de maio de 2022

GALICIA

O Piueiro pide axuda para sufragar os gastos da avaría e asegurar a súa participación no Festival de Pasaia  

O volanteiro sufriu onte un contratempo e tivo que ser asistido por Salvamento Marítimo para chegar ao porto de Malpica.  

Mecánicos de Krug Naval se desprazáronse esta maña a primeira hora ao barco para desmontar el motor avariado e traballarán sen descanso para telo listo a semán que ven.  

A Asociación Piueiro pide axuda para custear o arranxo, e habilitarase un número de cuenta e un código bizum- e converter toda esa solidariedade no tripulante número 12 do volanteiro.   


O motor foi trasladado a Vigo dende Malpica para a súa evaluación e posta a punto

Mecánicos e tripulantes levantando o motor
 

Mar Bermúdez / Malpica 

 A travesía do Piueiro, o barco tradicional guardés construído pola asociación homónima, cara ao Festival do Mar de Pasaia sufriu onte un contratempo cunha inesperada avaría no motor que obrigou á tripulación a pedir axuda a Salvamento Marítimo para chegar ao porto de Malpica. O desánimo inicial que rendeu entre os expertos mariñeiros pronto deixou paso á esperanza grazas aos centos de mensaxes de apoio que recibiron mentres pasaban a noite no barco á espera do diagnóstico dos expertos. Este chegou á primeira hora da mañá coa visita de varios mecánicos de  Krug Naval, que desmontaron o motor e trasladárono a Vigo para analizar e reparar a avaría.  

 A paixón dos 11 do “Piueiro” é tan contaxiosa que os mecánicos se comprometeron a traballar o máis rápido posible para liquidar o problema e que o barco poida saír rumbo a  Pasaia o mércores ou xoves da próxima semana. Isto permitiría aos guardeses chegar a tempo para participar no Festival do Mar. 

 Para sufragar os custos da reparación, que ao ser no motor presúmense altos, a Asociación  Piueiro habilitou un número de conta e un código Bizum que xa anunciaron nas súas redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter) para que todos os que o desexen acheguen o seu granito de area e contribúan a que o  volanteiro poida seguir a súa viaxe a  Pasaia. Ademais, non só está en xogo esta travesía senón todas as actividades gratuítas de divulgación do patrimonio marítimo previstas para os próximos meses.  

 Esta achega económica especial permitirá aos 11 do  Piueiro - 10 deles xa de volta na Guarda grazas á colaboración do Concello guardés -, contar cun simbólico tripulante máis, o número 12, no seu regreso á mar. Unha presenza tal vez non física pero moi real e tan transcendente como as outras 11 para que a singradura poida completarse. Ademais, realizarase un sorteo dunha camiseta e unha viaxe a bordo do barco entre todas as doazóns que reciba a asociación estes días. 

O Festival de  Pasaia, un referente  

 O Festival do Mar de Pasaia congregará a un bo número de embarcacións tradicionais entre o 26 e o 29 de maio. Tras o rotundo éxito da primeira edición, celebrada en maio de 2018 coa participación de 10 culturas marítimas representadas en 115 embarcacións e máis de 300 tripulantes, a organización do festival pretende afianzar neste 2022, tras o parón obrigado pola pandemia, o seu compromiso coa autenticidade e seguir dando protagonismo aos barcos con valor patrimonial. Neste sentido, apúntase á calidade das embarcacións e a diversidade cultural marítima como a base do carácter do  Pasaia  Itsas  Festibala. “E así o testemuñaron os 125.000 visitantes na súa primeira edición”, colixe a organización. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario