19 de maio de 2022

A GUARDA

O Concello de A Guarda abrirá o vindeiro 27 de maio as inscricións do campamento urbano de verán 

As bases e solicitude poderanse consultar na web municipal www.aguarda.es  unha vez aberto o prazo 




Infogauda / A Guarda 

 O Concello de A Guarda fixo público no día de hoxe, que a partir do 27 de maio e ata o 10 de xuño estará aberto o prazo para solicitar praza no campamento urbano de verán. 

 O campamento desenvolverase na Fortaleza de Santa Cruz durante os meses de xullo e agosto, en horario de 9 a 14  horas, e estará dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos. 

 "O principal obxectivo deste actividade é a de conciliar vida familiar e laboral a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre que representa o verán tras rematar o período lectivo", indican desde o goberno municipal. 

 Os rapaces e rapazas terán unha alternativa de ocio dinámico e educativo a través de talleres, xogos, actividades deportivas, etc., pero sobre todo compartirán un espazo de xogo diferente. 

 As bases e solicitude poderanse consultar unha vez abra o prazo na web municipal www.aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario