19 de maio de 2022

A GUARDA

O concello de A Guarda súmase ao Día Mundial das Enfermidades Inflamatorias Intestinais  


O Concello de A Guarda súmase este 19 de maio ao Día Mundial das Enfermidades Inflamatorias Intestinais acendendo a fachada do consistorio municipal de cor morada
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda, a petición da asociación de pacientes que padecen enfermidade inflamatoria intestinal ACCU Vigo, súmase este 19 de maio ao Día Mundial das Enfermidades Inflamatorias Intestinais acendendo a fachada do consistorio municipal de cor morada.  

 As enfermidades inflamatorias intestinais máis relevantes son a enfermidade de Crohn e a Colitis Ulcerosa. Estas patoloxías supoñen una gran perda de calidade de vida das persoas que as padecen. Só en España temos o redor de 10.000 novos casos diagnosticados cada ano, número que cada vez se ve máis incrementado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario