13 de maio de 2022

A GUARDA

Abertas as inscricións para unha xornada de actividade deportiva e recollida de refugallos 

Que terá lugar o domingo 5 de xuño e que está enmarcada no ciclo medioambiental Sostendo o futuro  




Infogauda / A Guarda

 Dentro do ciclo medioambiental Sostendo o futuro, a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), de A Guarda, en colaboración con Medio Ambiente e o Consello Climático Xuvenil, o Concello de A Guarda organiza unha xornada de actividade deportiva e recollida de lixo, coincidindo co Día Internacional do Medio Ambiente. 

 As inscricións están xa abertas a través da seguinte ligazón 

https://www.deporticket.com/web-evento/7007-plogging-sostendo-o-futuro  

 Esta actividade terá lugar a partires das 10:30h do domingo día 5 de xuño con saída e chegada no Museo do Mar, do porto de A Guarda.

 Desde o concello indican que "trátase dunha acción onde se une a actividade física coa recollida de residuos, co obxectivo claro de promover un estilo de vida saudable e respectuoso co medio ambiente, concienciando sobre o problema da recollida de residuos a toda a comunidade".  

 Serán dous os percorridos entre os que se poderá escoller, dependendo do estado físico de cada participante: 

1. Carreira + trote: volta ao monte Santa Trega, con aproximadamente 8 km de percorrido. 

2. Andaina polo Camiño Portugués da Costa . 

 A proba estará limitada a un máximo de 100 participantes por percorrido (200 personas en total) e poderán anotarse persoas de 16 anos en diante (carreira) e a partir de 8 anos de idade, sempre acompañados por un titor/a ou persoa responsable (andaina).  

Ningún comentario:

Publicar un comentario