9 de maio de 2022

A GUARDA

O concello de A Guarda reúnese con representantes do sector servizos e varias entidades da localidade

Para presentar as actuacións seleccionadas ao Plan de Sostibilidade Turística en Destino


O alcalde de A Guarda, nun momento da reunión de traballo, dirixíndose aos participantes na mesma

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 

 O Concello de A Guarda está traballando na súa candidatura á convocatoria extraordinaria no marco do “Programa de Planes de Sostenibilidad Turística en Destinos” ante a Secretaría de Estado de Turismo.

 Nesta convocatoria extraordinaria de 2022 do plan territorial, a Secretaría de Estado de Turismo ten como base a enogastronomía, polo que o Concello de A Guarda conta cunha excelente oportunidade á presentar unha estratexia turística en torno ao potencial gastronómico da nosa localidade, vinculado ao importante patrimonio histórico e natural.

 Por ese motivo, fai uns días, tivo lugar na Casa dos Alonso a mesa de traballo co sector para coñecer a súa opinión e recibir a achegas e así poder presentar unha candidatura real, obxectivo básico para o desenvolvemento deste programa.

 Neste encontro participaron 12 representantes do tecido empresarial e social de A Guarda como empresas de aloxamento, hostalaría, asociacións culturais e deportivas, comunidades de montes,…

 Esa mesa de traballo comezou coa intervención do alcalde, Antonio Lomba Baz, onde adiantou aos presentes que A Guarda está inmersa na elaboración da candidatura aos fondos europeos para o deseño e desenvolvemento dun Plan de Sustentabilidade turística en Destino para o Concello de A Guarda.
 Asemade, o alcalde quixo destacar que a candidatura de A Guarda é unha excelente oportunidade para conseguir financiamento para proxectos de gran envergadura e que suporán unha transformación para a nosa vila cun orzamento que supera os 1,7 millóns de euros.

 O detalle das actuacións foron presentadas pola empresa especializada Estrategía y Consultoría EOSA,  que está redactando a candidatura que leva como fío condutor a enogastronomía aínda que terán un gran impacto o Monte Santa Trega, a praia do Forte (Camposancos), a mobilidade, a dixitalización do turismo, e as accións máis especificas sobre gastronomía.

 Como remate abriuse a rolda de intervencións dos convidados na que se resolveron as dúbidas. Tamén se recolleron as achegas e suxestións e actualmente estáse traballando na súa incorporación e así contar cunha candidatura completa e con posibilidade para acadar estes fondos europeos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario