9 de maio de 2022

A GUARDA

Aberto o prazo para a solicitude de participación na II Mostra Creativa do Baixo Miño  

• Que terá lugar o sábado 30 de xullo na praza de Avelino Vicente 

• E no que poderán participar persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca. A inscrición será de balde e estará aberta ata o día 28 de xullo


Vista parcial da praza de Avelino Vicente, na edición precedente da Mostra Creativa do Baixo Miño  
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda segue apostando polo emprendemento e por visibilizar a gran cantidade de marcas e talentos creativos que temos na nosa comarca, xa sexan de artesanía ou en formas máis modernas de expresión.    

 Entre as accións promovidas polo Goberno municipal está a Mostra Creativa do Baixo Miño, cuxa segunda edición terá lugar o sábado 30 de xullo na praza de Avelino Vicente, de A Guarda.  

 Un dos obxectivos da iniciativa, que tivo a súa primeira convocatoria no 2021, é acadar que a mostra se poda consolidar como un evento de referencia e con periodicidade anual onde mostrar o gran talento que temos no Baixo Miño. Por isto desde o Concello de A Guarda e Acontravento, marca de roupa local, convidan a todas as persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca que desexen participar, a que cubran a ficha de inscrición e a envíen ao correo electrónico info@acontravento.gal  

Ningún comentario:

Publicar un comentario