19 de maio de 2022

A GUARDA

A unidade móbil de doazóns de sangue visitará A Guarda en xuño  

• Estará diante do Centro Cultural, o venres día 3, en horario de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30 a 21:00h e o sábado día 4, de 10:15 ás 15:00h.

 

A unidade móbil de doazóns de sangue na súa ubicación habitual cando visita a vila de A Guarda
Foto: C.A.G.
 

Infogauda / A Guarda

 A unidade móbil de doazóns de sangue visitará A Guarda en xuño. Estará emprazada na rúa Rosalía de Castro (diante do Centro Cultural), o venres día 3 en horario de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30 a 21:00h e o sábado día 4 de 10:15 ás 15:00h. 

 Grazas ao emprego destas unidades móbiles o Centro de Transfusión de Galicia, intenta facilitar a todos os cidadáns  o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos. 

 Para doar sangue hai que almorzar e se queremos acudir a unidade móbil despois de xantar, debemos agardar 2 horas. 

 Asemade non debemos esquecer levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar, a informar ao médico se estamos tomando algún medicamento. 

 É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.

Ningún comentario:

Publicar un comentario