4 de maio de 2022

A GUARDA

Rematou existosamente a II Ruta do Libro 2022 de A Guarda  

Os posuidores do pasaporte aínda poden recoller ao longo desta semana o seu agasallo na Biblioteca Pública Municipal


Mortadelo e Filemón visitaron a Biblioteca Municipal de A Guarda
Fotow: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 Na Guarda, o mes de abril estivo adicado ao libro e á lectura, concentrando diferentes actividades como contacontos na Biblioteca Municipal, presentacións de libros, a exposición sobre O Principiño e a celebración do Día do Libro, o propio 23 de abril, coa visita de Mortadelo e Filemón na Biblioteca e librerías, así como o desconto na venda de libros.  

 Paralelamente a estas actividade realizouse a II Ruta do Libro, coa pretensión de premiar a adquisición de libros nas librerías da vila, coa entrega dun agasallo na Biblioteca Municipal, consistente nunha lámpada de lectura, para aquelas persoas que xuntaran un gasto igual ou superior a 30€ en libros.   


Libros e rosas, para conmemorar o 23 de abril, Día do Libro

 Esta iniciativa, que se celebrou por segundo ano consecutivo, foi moi ben acollida por público e librerías, que a valoraron positivamente. Así mais de cento  cincuenta persoas achegáronse ata a Biblioteca a recoller a súa lampadiña, demostrando unha vez mais o gusto polo libro e a lectura existente na nosa vila. 

 Na campaña, realizada co propósito de pór en valor a importancia do libro e a lectura, destacou o bo pulso da cidadanía guardesa e do tecido comercial, coa variedade e riqueza que leva a unha vila como a nosa, a dispoñer de catro librerías nas que atopar un amplo catálogo de novidades editoriais de todo tipo.   

 Todos aqueles lectores que durante o mes de abril adquirisen libros en calquera das librerías da vila por valor de 30€ poderán aínda canxear os seus tickets na Biblioteca. Non é preciso ter o pasaporte lector, pero sí os tickets de compra en unha ou varias librerías.  

 "A campaña foi completada coa edición de tres audiovisuais de curta duración, distribuídos nas  nosas redes sociais cos que quixemos deixar constancia da importancia do libro como base da cultura e do coñecemento, os gustos dos lectores guardeses e a ampla oferta de libros que se poden atopar nos establecementos da nosa localidade. Así mesmo realizouse unha enquisa entre os participantes que valoraron positivamente a iniciativa e aportaron novas ideas para facela medrar en vindeiras ocasións", indican desde a concellalía de Cultura. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario