1 de maio de 2022

A GUARDA

O REMO GUARDÉS FAI HISTORIA

AS CADETES FEMININAS DO CLUB DE REMO ROBALEIRA, CAMPIOAS DE ESPAÑA DE BATEIS


As cadetes féminas e o adestrador do Club de Remo Robaleira, en Pasaia (Gipuzkoa), coas bandeiras de campioas de Galicia e de España, respectivamente
Foto: Santiago Baz Lomba


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Logo de acadar, a pasada semana en augas de Rianxo, o campionato de Galicia de bateis, as cadetes féminas do Club de Remo Robaleira, lograron esta fin de semana, en Pasaia (Gipuzkoa), o obxetivo que se habían marcado: o campionato de España.

 E ademais, superando as tripulacións da S. D. Samertolameu e da S.D. Tirán, que tanto na regata de onte, como na de hoxe, contribuiron a poñer o remo de Galicia no máis alto.

 Dese xeito, o Club de Remo Robaleira volta a facer historia, culminando do mellor xeito posible unha formidable tempada.

 O campionato de España de bateis que lograron as remeiras cadetes vén a premiar merecidamente o labor e o esforzo realizado por toda a familia (deportistas, adestradores, familiares, patrocinadores, seareiros,...) do Club de Remo Robaleira, de A Guarda.

 Desde hoxe, se diriximos nosa ollada a bóveda celeste poderemos ver unhas estrelas - Tonino Torrón, Antonio Adrover "Parejista", Manuel Lira Martínez, Antonio Martínez Castro "Banana",... - que escintilan de ledicia, na  memoria de todas as persoas de A Guarda que aman o deporte do remo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario