1 de maio de 2022

A GUARDA

UN NOVO ÉXITO DO BALONMAN GALEGO

O Mecalia Atlético Guardés logra en Donostia o subcampionato da Copa da Raíña de balonmán feminino


As xogadoras do Mecalia Atlético Guardés celebrando haber logrado o subcamìonato da Copa da Raíña de balonman feminino.

Foto: M.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O Mecalia Atlético Guardés vén de conseguiu no día de hoxe, en Donostia, o subcampionato da Copa da Raíña de balonman feminino. Ese novo éxito do balonman galego, foi posible tras un intenso encontro fronte o Costa do Sol, de Málaga, no que as xogadoras do conxunto de A Guarda puxeron todas súas enerxías para tentar lograr a vitoria. 

 Ao remate da primeira media hora de xogo, xa se presentía que finalmente non podería ser, pois non en balde, houbo circunstancias que pesaron como unha lousa, sobre todo, logo da traballada victoria sobre o Granollers, e do trepidante encontro de onte sábado, que nos brindaron as xogadoras do Mecalia Atlético Guardés, fronte ao intratable Bera Bera que contaba co apoio total dos seus seareiros pois xogaba na casa.

 Compre salientar que unha vez máis, a afección do Mecalia Atlético Guardés, magníficamente representada polos compoñentes de "O Inferno da Sangriña", tivo unhas actuacións que merecen un sobresaínte. 

 Asemade, queremos destacar que moitos seareiros de A Guarda e súa contorna, seguiron os tres encontros disputados polo conxunto do Baixo Miño, por medio da televisión pública española, que fixo un bo labor informativo.

 O deputado de Deportes, Gorka Gómez acompañou ao Mecalia Atlético Guardés, a súa directiva e a súa afección no Illunbe Estadio de Donostia, xunto aos presidentes da Federación Galega e da Federación Española de Balonmán.  

 Gómez xa avanzou que a plantilla do Mecalia Atlético Guardés será recibida no pazo da Deputación de Pontevedra pola presidenta Carmela Silva Rego “para unha homenaxe máis que merecida”. “Ninguén debe esquecer - engadiu -, que falamos dun equipo que ven dunha vila pequena e que está a altura dos máis grandes do Estado levando o nome da provincia por toda Europa. Teñen moitísimo mérito”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario