21 de abr. de 2022

VIGO

Comunicado do comité de empresa de FCC Vigo  

Vigo, 21 de abril de 2022. 

 Queremos denunciar e condenar o ocorrido o pasado martes día 19 no Concello de Vigo, onde se vulnerou e atentou contra o dereito de folga do persoal do servizo de limpeza das dependencias municipais. 

 A empresa FCC, concesionaria da recollida do lixo e limpeza viaria e praias do Concello de Vigo, utilizou medios da súa concesión dentro das instalación pertencentes a outra concesionaria, na que nestes momentos as súas traballadoras/es manteñen unha folga, polo que FCC cometeu  un presunto delito contra os dereitos fundamentais destas/es empregadas/os. 

 Deste xeito, o comité de empresa de FCC Medioambiente SAU manifesta a súa solidariedade coas traballadoras/es e lembra a historia do persoal de FCC, que durante 35 anos de existencia demostrou sempre a súa loita de clase e solidaridade con todos os colectivos que manteñen conflitos para reivindicar os seus dereitos.  

 A actitude da empresa non corresponde co sentir do persoal de FCC a respecto dos feitos acaecidos o pasado martes, polo que a representación sindical levará a cabo as accións legais pertinentes, como tamén esixirá responsabilidades de xeito inmediato.

Ningún comentario:

Publicar un comentario