XVIII Andaina tudense Solidaria 2022
O sábado 14 de maio, na praza da Inmaculada, de onde partiremos ás 10:00 horas cara o monte Aloia
Club Andatui / Tui
Desde o club Andatui informamos que o sábado 14 de maio celebraremos a XVIII Andaina tudense Solidaria 2022.
Cita anual e inescusable para subir e desfrutar do monte Aloia, este ano a saída e a chegada serán na céntrica praza da Inmaculada, de onde partiremos ás 10:00 horas cara o monte Aloia pasando pola senda do Lagartón, a ponte das Febres e os muiños de Paredes sobre o río Deique. O xantar farémolo arredor da capela de san Xiao sobre as dúas da tarde, para despois comezar o descenso hacia Tui pasando ao carón do castro do Alto dos Cubos antes de chegar a praza da Inmaculada, onde finalizaremos a XVIII Andaina tudense Solidaria.
Un ano máis a acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que no momento da recollida de dorsais aconsellamos aos participantes entregar un quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.
Xa está toda a información, e abertas as inscricións, na páxina www.andatui.es. O prezo é de 12 euros e as inscricións finalizarán o mércores 11 de maio.

Ningún comentario:
Publicar un comentario