26 de abr. de 2022

O ROSAL

Os ‘Círculos concéntricos’, de Iria Supertramp, este venres 29 na biblioteca municipal  

A autora presentará o seu libro ás 19.00 horas nun acto no que colaborará a Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal  

 



Infogauda / O Rosal

 Abril remata no Rosal cedendo de novo o protagonismo aos libros. Este venres día 29 a biblioteca municipal será o escenario que acollerá a presentación da obra ‘Círculos concéntricos’, de Iria Supertramp, un libro que case é unha biografía en forma de espiral e de peixe que morde a súa propia cola, debuxando feridas cíclicas que tentan pecharse para dar paso a outras novas. 

 A autora da obra agóchase baixo o pseudónimo de Iria Supertramp, un alter ego creado a partir dunha película sobre o abrupto de liberar o eu interno, sobre a busca insaciable da esencia, sobre a sede da alma contada dende os días de seca. Detrás del atópase unha rapaza galega que algunha vez forzou a metáfora no camiño sinuosos de estudar interpretación e traballo social e que, pouco a pouco, vai atopando o seu sitio no mundo poético.  

 O acto comezará ás 19.00 horas, será de balde e contará coa colaboración da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario