11 de abr. de 2022

DEPORTES

DÚAS MEDALLAS NACIONAIS PARA DÚAS JUDOKAS DO  CLUBE DE  JUDO BAIXO MIÑO 

Verónica Pérez, na categoría de - 52 kg e Noa González, na categoría de -70kg 


Noa González e Verónica Pérez, coas súas respectivas medallas de bronce

 Clube de  Judo  Baixo Miño / A Guarda

 O pasado sábado celebrouse en Madrid a fase final do Campionato de España Junior no cal participaron dúas  judokas do  Clube de  Judo  Baixo Miño: Verónica Pérez, na categoría de - 52 kg e Noa González, na categoría de -70kg. 

 As dúas realizan moi bos combates, conseguindo ambas a medalla de bronce. Agora ambas as dúas afrontarán próximos compromisos con boas expectativas. 

 Por unha banda, Verónica participará o próximo 7 de maio nunha Copa de Europa, en Francia, buscando a clasificación para o Campionato de Europa, e Noa González na Copa de España Junior, para seguir sumando puntos na clasificación nacional. 

 Moita sorte ás dúas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario