A Guarda organiza os obradoiros Balcóns Verdes
Enmarcados no Ciclo medioambiental Sostendo o futuro
Infogauda / A Guarda
Dentro do Ciclo medioambiental Sostendo o futuro, a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de A Guarda, en colaboración con Medio Ambiente, oferta tres obradoiros diferentes baixo o título Balcóns verdes, coa intención de aproveitar os balcóns ou terrazas para crear zonas verdes para gozar, para espertar o interese en cultivar á propia saúde e acadar momentos de alegría tanto para nós como para a comunidade en xeral todo coa axuda do mundo vexetal e a súa diversidade.
Os obradoiros terán unha duración de 10 horas cada un, repartidas entres os venres pola tarde e os sábados polas mañás e poderán realizarse todos ou cada un por separado.
Os cursos van dirixidos a persoas con ou sen experiencia nos cultivos de plantas, só terán interese na creación de espazos verdes, na diversidade de colores, olores e colleitas.
Os tres obradoiros son:
• Plantas aromáticas e flores no balcón: 22, 23, 29 e 30 de abril
- Coñecer a orientación óptima no teu balcón e que flores e plantas aromáticas poderanse cultivar
- Macetas e outros envases para o cultivo así como a importancia da terra apropiada. Onde conseguir a mistura de terra axeitada para o meu cultivo.
- Que é o que quero e podo cultivar no meu balcón. Onde e como adquiro as plantas.
- Usos das herbas e plantas medicinais na cociña e infusións.
- Exemplos para a reprodución e conservación das plantas
• Balcón verde de plantas comestibles: 6, 7, 13 e 14 de maio
- Coñecer a exposición do balcón ao vento e ao sol: cales son as hortalizas que podo cultivar.
-Aprender a aproveitar ao máximo cada espazo para poder cultivar variedades diferentes. Estruturas diferentes para cada balcón (palets, estantes,…)
- Combinacións de hortalizas para favorecer un crecementos saudable (plano de cutivo para cada participante)
- Exemplos de combinacións de hortalizas e plantas aromáticas que melloran o crecemento e atraen insectos para garantizar a colleita (importancia polinización)
• A horta vertical con ciclo biolóxico completo: 20, 21, 27 e 28 de maio
- Que é unha horta vertical con ciclo biolóxico completo e que necesidades ten.
- A construción do envase para a horta vertical con compostaxe, adaptada a cada balcón e o seu espazo.
- A terra para cubrir as necesidades das plantas.
- Adquisición semente, reprodución plantas anuais e perennes
- Mellores combinacións de hortalizas, plantas aromáticas, flores, etc.
Para información e inscrición todas as persoas interesadas deberán poñerse en contacto con OMIX A Guarda no seguinte enderelectrónico: informacion@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario