5 de abr. de 2022

DEPORTES

GRAN FIN DE SEMANA PARA OS JUDOKAS DO  CLUBE DE JUDO BAIXO MIÑO 






 Club de Judo Baixo Miño / A Guarda

 Esta fin de semana celebráronse tres grandes eventos dous deles organizados pola Federación Galega de Judo. Por unha banda, o sábado día 2 de abril celebrar a Copa de España senior na que participaban dúas judokas do club: Elena  Cañibano de Celis e Alejandro Pena Peniza. Os dous tras facer bos combates non puideron chegar a postos de  pódium. Á vez Pedro Alonso Cameselle participaba na Copa de España de veteranos que se celebrou en Vitoria onde obtivo unha meritoria medalla de bronce. 

 Doutra banda, o domingo celebrouse o campionato galego infantil e cadete no cal participaban 14  judokas do club que tras o parón  covid é a segunda competición que afrontan tras estes dous duros anos. O nivel que mostraron é bo e tras iniciarse xa con normalidade o circuíto de competicións nestas categorías cada vez será mellor. 

Resultados 

Medalla de ouro para Saray Vicente Paz na categoría de -44 kg cadete. 

Medalla de bronce para Carlota Crespo Silva na categoría de -48kg infantil. 

Medalla de bronce para Alejandra Lomba Fernández na categoría de - 52kg infantil. 




Quinto posto para Zaira Lamas López na categoría de -52kg cadete. 

Quinto posto para Izan González Da Costa Evangelista na categoría de -46kg infantil. 

Quinto posto para Noé González Fernández na categoría de -81kg cadete. 

Sétimo posto para Alberto Gándara Carrera na categoría de -73kg cadete. 

 Mateo  Cano, Rubén Paz, Samuel Barros, Carlos Gándara, Álvaro Rodríguez, Alex Martínez e  Nicolás Ferreira, non puideron pasar de segunda rolda. 

DÚAS JUDOKAS VAN A FASE FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR

 Doutra banda, esta fin de semana dúas judokas do club afrontarán a fase final do campionato de España junior: Verónica Pérez Pacheco, na categoría de -52kg, tras proclamarse campioa galega e campioa do sector nacional oeste, preséntase a devandita cita con serias posibilidades de subir ao  pódium. E a súa compañeira Noa González, na categoría de -70kg, tras ser medalla de bronce no campionato de España cadete, no pasado mes de decembro, é tamén unha das favoritas para medalla na súa categoría de peso. 

 Desde a dirección do club quérese dar os parabéns a todos os deportistas e agradecer aos adestradores  Saul Álvarez, Elena Cañibano, Alejandro Pena e Verónica Pérez, o gran traballo que desempeñaron á beira da nosa canteira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario