Esta Semana Santa, ‘Ponlles nome’
O Centro Cultural das Eiras acollerá unha exposición de fotografía antiga os días 15, 16 e 17 de abril de 10.00 a 14.00 horas
Infogauda / As Eiras (O Rosal)
O
Rosal viaxa ao pasado esta Semana Santa. O Centro Cultural das Eiras acollerá os
días 15, 16 e 17 de abril a exposición de fotografías antigas ‘Ponlles nome’,
unha mostra organizada pola asociación Ghorghalado Cultura e Patrimonio en
colaboración co Concello do Rosal que permitirá aos veciños e veciñas coñecer
como era o municipio hai décadas.
“Son
instantes para o recordo doutras épocas do Rosal que a xente poderá visitar
durante tres días e desfrutar identificando lugares e persoas, facendo un
percorrido visual único pola nosa historia”, salienta a alcaldesa, Ánxela
Fernández Callís.
Unha
mostra retrospectiva do Rosal que brindará a oportunidade a todas e todos os
visitantes de coñecer un pouco máis o concello e de xogar a recoñecer a todas as
persoas que aparecen nas imaxes e a poñerlle nome e apelidos.
A
exposición estará aberta ao público de 10.00 a 14.00 horas con entrada libre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario