21 de abr. de 2022

A GUARDA

O grupo “Teatro  da Apocalipse” presentarán tres pezas curtas 

O vindeiro sábado 30 abril ás 20:30h, no Centro Cultural de A Guarda   




Infogauda / A Guarda

 "Teatro da Apocalipse", é un grupo do Baixo Miño de persoas afeccionadas ao teatro, xurdido da Escola de Teatro de Tomiño. Os inicios da súa andaina coincidiron co confinamento do 2020, polo que os primeiros ensaios fixéronos por vídeo conferencia. E logo, na medida do posible, foron mudando ao xeito presencial, ata a actualidade na que xa nos poden amosar os seus primeiros traballos.  

 A proposta que presentarán o vindeiro sábado 30 de abril ás 20:30h., no Centro Cultural de A Guarda, está constituída por tres pezas curtas baseadas en diferentes textos literarios:  

 "Gastrónomos", a partir dun conto de Roald Dahl, na que a acción desenvólvese nunha casa aristocrática inglesa a mediados dos anos 60 do pasado século; "Mentireiro", a partir do libro “Eu, robot”, de Isaac Asimov, que narra as relacións entre un robot e humanos científicos; e "Bar de ratas", adaptación de "Las ratas", de Damián Szifron, curtametraxe da película “Relatos salvajes”, que conta unha acción que ten lugar nun bar de estradas no rural arxentino, e que provoca un encontro inesperado.    

 Estas pezas xa foron presentadas no Concello do Rosal e centros sociais do Baixo Miño, entre eles o de Avelaíña. Cada unha das pezas ten unha duración aproximada duns 10-15 minutos e a  asistencia é libre e gratuíta, non sendo precisa a reserva previa de entradas.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario