24 de abr. de 2022

A GUARDA

Presentación do selo "Naturaleza. Monte Santa Trega. A Guarda. Pontevedra"

Será o próximo martes 26 de abril ás 17:30 horas no salón de plenos do concello de A Guarda





Marta Verde Rodríguez* / A Guarda

 Dende a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, convidámosvos a presentación do selo "Naturaleza. Monte Santa Trega. A Guarda. Pontevedra". Será o próximo martes 26 de abril ás 17:30 horas no salón de plenos do concello de A Guarda.

 No acto estará Leire Díez Castro, directora de Relacións Institucionais e Filatelia e, Antonio Lomba,  alcalde de A Guarda.


 
 Convidámosvos a vir a esta presentación para que Correos vexa que facer este tipo de actos nun pobo coma A Guarda pode ser igual, ou máis importante que facelo nunha cidade. Para o pobo da Guarda é un feito histórico ter un selo que percorrerá o mundo enteiro. 

 Que Correos faga a presentación oficial na Guarda, unha honra.



* Secretaria da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa

Ningún comentario:

Publicar un comentario