26 de mar. de 2022

VIGO

O COMITÉ DE EMPRESA DE VITRASA SOLICITA UNHA REUNIÓN CO GOBERNO LOCAL

Infogauda / Vigo

 O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte urbano do Concello de Vigo, vén de remitirlle unha solicitude de reunión ao Goberno local para abordar a rebaixa salarial que pretende a compañía. 

Ante as declaracións do alcalde asegurando que non vai permitir ningún recorte ao persoal da empresa, a representación sindical solicita unha reunión co alcalde para explicarlle de primeira man a situación e buscar unha posible solución.

Ningún comentario:

Publicar un comentario