A Plataforma SOS Sanidade Pública da Área Sanitaria de Vigo acorda manifestar o apoio ao persoal das residencias privadas
Que inician unha folga o día 17 marzo
Plataforma SOS Sanidade Pública da Área Sanitaria de Vigo
A Plataforma SOS Sanidade Pública da Área Sanitaria de Vigo, reunida o martes 15 de marzo de 2022, acorda manifestar o apoio ao persoal das residencias privadas que inician unha folga o día 17 marzo.
O persoal das residencias privadas, que traballa en condicións de precariedade, tense enfrontado en primeira liña á pandemia da COVID-19, en moitas ocasións sen equipos de protección individual axeitados, sufrindo condicións de traballo moi duras. E como resposta a patronal do sector négase a negociar a renovación dun convenio xa caducado.
A Plataforma SOS Sanidade Pública da Área Sanitaria de Vigo entende que so unhas condicións de traballo dignas poden garantir unha atención de calidade ás nosas persoas maiores e dependentes polo que solicitamos da cidadanía o apoio ás mobilizacións que se fagan para apoiar ao persoal das residencias privadas. entende que so unhas condicións de traballo dignas poden garantir unha atención de calidade ás nosas persoas maiores e dependentes polo que solicitamos da cidadanía o apoio ás mobilizacións que se fagan para apoiar ao persoal das residencias privadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario