O BNG de Tui presenta unha moción para rexeitar o acordo do Goberno español con Marrocos
Os nacionalistas entenden que a posición de Sánchez supón “lexitimar a ocupación” do Sáhara por parte de Marrocos así como a represión, a violación dos dereitos humanos e o roubo das riquezas existentes en territorio saharauí.
Infogauda / Tui
O grupo municipal do BNG en Tui anunciou que vén de presentar unha moción de urxencia para o seu debate no pleno do concello para trasladar ao Goberno central o seu rexeitamento ao acordó con Marrocos. “Esta postura representa unha traición ao pobo saharauí, sometendoo despois de anos de ocupación ilegal do territorio do Sáhara Occidental e de vulneración dos dereitos humanos”, apunta Carme Núñez, portavoz do BNG deTui.
Así mesmo, o BNG aposta por regresar á posición de buscar unha solución que garanta o respecto do dereito internacional e as resolución para o recoñecemento do dereito de autodeterminación do pobo saharauí. “Proporemos tamén ao Concello de Tui que se lle demande a Pedro Sánchez que esixa a Marrocos o cesamento inmediato da sistemática violación dos dereitos humanos da poboación saharauí que vive nos territorios ilegalmente ocupados do Sáhara Occidental”, remata, Núñez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario