Román Rodríguez anuncia o inicio dos traballos que reforzarán os usos museísticos da Catedral de Tui
O conselleiro de Cultura visita o templo, no que o Goberno autonómico impulsa unha serie de actuacións para a súa conservación e para divulgar o seu papel histórico
Trátase da primeira das actuacións previstas neste templo ao abeiro do Plan Catedrais 2021-2027, cun investimento global de 9,4 millóns de euros
Darán comezo nos vindeiros días e inclúen a rehabilitación da edificación do Pazo Episcopal, incluíndo a instalación de postos de información, aseos e terrazas
Infogauda / Tui
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou hoxe a Catedral de Tui onde anunciou o inicio das primeiras actuacións previstas no Plan Catedrais 2021-2027, a folla de ruta que a Xunta ten en marcha nos grandes templos catedralicios para que afronten a década xacobea nas mellores condicións. En concreto, explicou que nos vindeiros días darán comezo as obras de mellora da accesibilidade, rehabilitación de cubertas do claustro e da edificación para os usos museísticos exteriores e interiores do Pazo Episcopal, incluíndo a instalación de postos de información, aseos exteriores e terrazas.
Ademais dos traballos anunciados hoxe, o Plan Catedrais inclúe para os vindeiros anos outros traballos como a posta en marcha dun proxecto museográfico, a restauración do claustro e da fachada norte, a consolidación e restauración do Pórtico así como melloras na Capela de San Andrés e na sancristía, entre outras accións.
Máis de 60 actuacións en todos os templos
Todos estes traballos están incluídos na estratexia autonómica de mellora e conservación do patrimonio que garante a súa preservación para as xeracións futuras. En concreto, a Xunta incrementa un 23% o investimento este ano no patrimonio.
En total, o Plan Catedrais, dotado con 38M€, recolle mais de 60 actuacións para asegurar a debida salvagarda e recoñecemento das catedrais de Tui, Mondoñedo, Lugo e Ourense, da antiga catedral de San Martiño de Mondoñedo en Foz e das concatedrais de San Xiao, de Ferrol e de Santa María, de Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario