21 de mar. de 2022

TOMIÑO

A PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DE TOMIÑO CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN

Este mércores día 23 de Marzo ás 20h., no Centro de Saúde de Tomiño




Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño

 A Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño convoca á todos os veciños/as a unha concentración este mércores día 23 de Marzo ás 20h., no Centro de Saúde de Tomiño.

 A modo de "perfomance" representaremos a agonía que está padecendo a Atención Primaria no noso centro e a Sanidade  Pública en Xeral.

 Denunciamos que a semana pasada só consultaban 2 médicos dos 8 que hai. Os facultativos non dan abasto porque non se cubren as baixas nin se mandan sustitutos. Dous anos despois o Consultorio de Goián segue pechado e as administracións non dan resposta. A médica de Goián que consultaba no centro de saúde de Tomiño está de baixa dende Xaneiro e non ten sustituto nin se lle espera. O xerente da Área Sanitaria de Vigo NON cumpliu ningunha das nosas reivindicacións, todo o contrario.

 O centro de saúde de Tomiño ten cada vez menos facultativos, o que provoca que os veciños/as estean colapsando as urxencias do PAC de Tui con doenzas que se deberían consultar e supervisar polo noso médico de cabeceira. Cada vez están desmantelando mais a atención primaria porta da sanidade pública e dirixindo á cidadanía  cara a sanidade privada. Os tempos son convulsos, pero a saúde é o ben mais preciado que temos, por isos facemos un chamamento a esta concentración en favor da nosa atención primaria. 

 Pola túa saúde ACUDE o mércores ás 20h. ao Centro de Saúde de Tomiño e se podes LEVA UNHA VELA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario