A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE TOMIÑO ELEXIU NOVA COMISIÓN EXECUTIVA LOCAL
Por aclamación da militancia presente
R. M. / Tomiño
A Agrupación Socialista de Tomiño vén de celebrar asemblea xeral extraordinaria para elexir á nova comisión executiva local, na que contamos coa presenza de Fini Silva, secretaria da militancia do Comité do PSdeG-PSOE de Pontevedra.
A asemblea comezou cun rotundo rexeitamento dos socialistas tomiñeses á guerra, así como toda a solidariedade coas vítimas.
A nova dirección, integrada por oito membros, foi aprobada por aclamación dos e das militantes presentes.
As e os socialistas inician esta nova etapa baixo o liderado de Violeta de Santiago Moure, que seguirá asumindo as funcións de máxima representación e responsabilidade do Partido Socialista de Tomiño.
A número dous será Mirta Isabel Misa Misa, que asume as responsabilidades de Organización do Partido, Educación e Igualdade.
Así mesmo, formarán parte da nova executiva local:
Enrique Gándara Gómez, como Presidente de Honra.
Nandi de Santiago Moure será a nova responsable das áreas de Política Municipal, Cultura e Deporte.
Mario Fernando Pino Alonso asume a Secretaría de Acción electoral e Administración Financeira.
Jaime Cerviño Vilanova, na Secretaría de Acción Rural e ao mesmo tempo desempeñará as funcións de ser o representante de Tomiño no Comité Provincial de Pontevedra.
María do Carmen Argibay Rolán, na Secretaría de Xuventude.
Ana Isabel Silva Míguez, na Secretaría de Sanidade e Asuntos Sociais.
Coa renovación do órgano local, o PSdeG-PSOE de Tomiño encara o futuro con ilusión, optimismo e forza para seguir traballando a carón da veciñanza de todas e cada unha das parroquias do Concello, que tan esquecidas están polo Goberno do BNG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario