1 de mar. de 2022

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA TINGUE O PAZO PROVINCIAL COAS CORES DA BANDEIRA DE UCRANIA 

Carmela Silva: “É momento de amosar unha posición clara contra a invasión de Ucrania por parte de Rusia e apoiar á UE contra a violencia armada”


Desde esta pasada noite a Deputación de Pontevedra iluminou o edificio do Pazo Provincial de azul e amarelo

Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 A Deputación de Pontevedra súmase á condena da invasión de Ucrania por parte de Rusia e desde esta pasada noite iluminou o edificio do Pazo Provincial de azul e amarelo, as cores da bandeira ucraína, como símbolo de repulsa á actuación do goberno de Vladimir Putin e en solidariedade e apoio ao pobo ucraíno.  

 A presidenta provincial, Carmela Silva, fixo unha declaración sinalando que “é momento de amosar unha posición clara contra a invasión rusa de Ucrania e apoiar a Unión Europea contra a violencia armada. Temos que ter unha posición firme, sen fisuras, dixo a presidenta, que traslade a Putin que estamos unidas e unidos fronte a súa intolerable decisión de atacar a Ucrania”.  

 A presidenta trasladou “a solidariedade da corporación provincial e o noso afecto ás mulleres e homes que están a vivir de novo o terror da guerra. Hai que tomar partido de forma clara”, dixo Carmela Silva, que desexou que as hostilidades rusas cesen de inmediato para que a poboación ucraína poida retomar as súas vidas “con paz, seguridade, liberdade e democracia”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario