7 de mar. de 2022

OPINIÓN

Hoxe, máis ca nunca, é imprescindible manter presentes os principios fundadores de Europa: paz, democracia e solidariedade




CCOO e UGT reiteramos nosa máis enérxica condena á invasión rusa de Ucraína. Este covarde e ilexítimo acto bélico e a consecuente guerra deben parar de inmediato. Así mesmo, expresamos a nosa solidariedade coas xentes de Ucraína e especialmente coa súa clase traballadora, coas vítimas no país e cos traballadores e traballadoras ucraínas que residen en España e que viven con dor o drama da guerra na distancia.

CCOO e UGT esiximos que se tomen todas as medidas necesarias para que a acción bélica pare de maneira urxente e as tropas rusas se retiren do territorio ucraíno (que ocuparon violando a legalidade internacional) e se restitúa a paz.

Concentracións o 9 de marzo ás 12:00

Facemos, asemade, un chamamento aos traballadores e ás traballadoras a que o mércores, 9 de marzo, se manifesten de maneira silenciosa na entrada dos seus centros de traballo de 12:00 a 12:05 horas, solidarizándonos así co pobo de Ucraína, pedindo o cesamento do fogo e a inmediata retirada de tropas rusas do país.

Tes máis información na resolución adxunta ou facendo clic aquí .

Ningún comentario:

Publicar un comentario