Espectáculo de Regueifa no Rosal
O sábado día 26 de marzo, ás 20:00 horas, no auditorio municipal
Asociación Cultural XIDA / O Rosal
A Asociación Cultural XIDA presenta esta actividade no Concello do Rosal o vindeiro sábado 26 de marzo: Alba María e Lupe Blanco son dúas regueifeiras que veñen mudar o establecido nun mundo de homes. Os cantos ó improviso dende o punto de vista de dúas mulleres traen unha nova mensaxe, cargada de apoderamento, igualdade e respecto, sen esquecer a retranca!
Porque elas tamén teñen moito que dicir e contar... A regueifa do século XXI é inclusiva e pon coma protagonistas a moitas que ata agora foron silenciadas...
Sempre mulleres! Sempre regueifeiras!
Ningún comentario:
Publicar un comentario