ATLETISMO
Presenza dos atletas guardeses Álex Sierpes e Marcela Morgado coa Selección Galega Sub-16 e Sub-18 por equipos
No XLVII Campionato de España C.S.D de Campo a Través Escolar 2022 por autonomías
Informa: Sociedade Atlética do Trega
No circuíto do Cerro de los Ángeles, en Getafe (Madrid), Álex Sierpes Pereira, alcanzou a 15ª posición en individual cun tempo de 18´19" en 5.200 metros, e proclamouse subcampión de España Sub-16 masculino por equipos xunto aos seus compañeiros.
E Marcela Morgado Rodríguez, en Sub-18 feminino alcanzou a 11ª posición xunto ao seu equipo, quedando en individual no posto 63º, percorrendo 6.200 metros nun tempo de 27´30", logrando o posto 11º por equipos.
Toca seguir mellorando e aprendendo da experiencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario