Fernández-Tapias sinala a Bienal de Cartelismo Francisco Mantecón como unha das mellores plataformas para a proxección exterior de Galicia
A Xunta de Galicia apoia un ano máis esta iniciativa que combina o enoturismo coa arte mostrando unha Galicia aberta, multicultural e cosmopolita
A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, enxalza o talento e a creatividade dos artistas que participan e o nivel de calidade dos seus carteis
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, referiuse hoxe á Bienal Internacional Concurso Francisco Mantecón como unha das mellores plataformas para a proxección exterior de Galicia.
Foto: X.G.
Infogauda / Vigo
Fernández-Tapias incidiu así na combinación gañadora entre o enoturismo e a arte para que os artistas premiados e finalistas da Bienal opten a ser imaxe das próximas dúas edicións das Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia, a través dun concurso dotado con 10.000 euros -en dous premios de 5.000 euros- para os orixinais que mellor encaixen neste campaña de promoción autonómica.
Estas xornadas de portas abertas desenvólvense desde a Xunta en colaboración coas cinco asociacións das rutas dos viños galegas e reúnen a numerosos interesados no mundo do viño que desfrutan de visitas e todo tipo de actividades lúdicas vinculadas á viticultura co obxectivo de fomentar o turismo das zonas das cinco denominacións de orixe protexidas (DOP) vitivinícolas de Galicia.
A delegada territorial en Vigo enxalzou o talento e a creatividade dos artistas que participan e o nivel de calidade dos seus carteis, así como a súa implicación para interpretar un produto netamente galego que, xunto a gastronomía, é un dos nosos mellores embaixadores no mundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario